Skip to Content

Actividades

KANDINSKY E O ARTE ABSTRACTO

En 3 anos continuamos sumerxíndonos no mundo do arte. Neste trimestre traballamos o artista ruso Kandinsky e o seu arte abstracto. Gozamos moito coñecendo as súas obras e facendo algunhas nós mesmos. Aquí vai un pequeno resumo do moito que traballos con este artista.

Imagen relacionada

 

OUTONO E NADAL: NOS ENCANTAN!!

O OUTONO E O NADAL SON DÚAS DAS ÉPOCAS FAVORITAS DOS ALUMNOS DE 3 ANOS. ASÍ O DEMOSTRARON AO LONGO DESTE TRIMESTRE. NESTES VIDEOS FACEMOS UN PEQUENO RESUMO DAS ACTIVIDADES QUE LEVARON A CABO.

 

COÑECENDO A VOGAL O COA AXUDA DE FRIANCIÑO

Frianciño deixou esta semana unha notiña para cada neno da aula de 3 anos B. Nela pedía a axuda das familias para axudarnos a coñecer a vogal O. A resposta das familias non se fixo esperar e despois na aula fixemos unha actividade de recopilación de información da vogal O. Non vos perdades este video de como traballaron os mais pequenos do cole Frian.

 

 

 

Resultado de imagen para letra o animada

 

 

 

OS NENOS DE 3 ANOS E HERVÉ TULLET

O alumnado de 3 anos coñece a Hervé Tullet e os seus contos . Este ilustrador francés organizou obradoiros con nenos por todo o mundo para ensiñarlles os mais pequenos a crear en libertade.Quizá niso consiste o seu éxito en facer dalgo sinxelo algo interesante.

 Aproveitamos os libros de Tullet para iniciarnos no coñecemento do círculo e das cores básicas. Unha experiencia moi interesante cos nosos cativos que consistirá só no comezo desta pequena aventura artística. Todos os contos de Tullet están na nosa biblioteca do Frian e podemos gozar deles sempre que queiramos.

 

Resultado de imagen para GIF PINCEL

 

 

A PRIMEIRA VIAXE DA LIBRETA VIAXEIRA : O OUTONO CHEGOU

A LIBRETA VIAXEIRA DOS MOUCHOS DE 3 ANOS  COMEZOU A SÚA PRIMEIRA VIAXE , NESTA OCASIÓN AS CASAS DAS FAMILIAS. CA CHEGADA DO OUTONO A VIAXE CONSISTÍA EN VISITAR UNHA PAISAXE OTOÑAL, OBSERVAR E RECOLLER FROITOS E FOLLAS TÍPICAS DE OUTONO. AS FAMILIAS NON QUIXERON PERDER A OCASIÓN DE PARTICIPAR NESTA VIAXE E  AQUÍ VAI UNHA MOSTRA DE TODO O QUE RECOLLERON E O FELICES QUE OS NENOS DE 3 ANOS B EXPLICARON OS SEUS COMPAÑEIROS A SÚA VISITA O BOSQUE.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut