O alumnado de sexto segue coa iniciativa de facer debates cos temas que máis lle preocupa. Iniciamos as sesións dos debates co tema: “CASTIGOS SI versus CASTIGOS NON”. Debido as características do horario escolar non deu tempo a rematar. Quiseron seguir con este mesmo tema pero engadindo unha premisa máis. Argumentaron as súas ideas sobre si os castigos deben ir en “piña” , é dicir, toda a clase en conxunto se non se sabe que alumnado non respectou as normas do noso regulamento de clase. Por iso, o seguinte debate titúlase:
“ CASTIGOS EN PIÑA SI versus CASTIGOS EN PIÑA NON “.
Lembrando as palabras do noso moderador: “ Desfrutade do debate”
O alumnado de 5º está estudando no proxecto "Frianexpress" o clima e o tempo atmosférico, tamén achegouse a figura de Baltasar Merino prestixioso metereólogo, no mes da Ciencia; así que, con materiais de refugallo e moitísima imaxinación cronstruiron diferentes instrumentos meteorolóxicos: pluviómetros, viraventos, anemómetros...
Todos eles están expostos na entrada do colexio, e os podes ver no seguinte vídeo.
Nas aulas abalar de 5º e 6º comezamos este curso 17/18 co proxecto “Preparados/as, listos/as,...” facendo un percorrido polos países de Europa e polas Comunidades Autónomas e provincias de España.
En sexto fixemos rimas cos nomes dos países da Unión Europea, cos seus xentilicios e as súas capitais. O noso traballo“Xogamos con bandeiras” quedou así de divertido:
En quinto realizamos unha investigación a partir dos escudos das autonomías; así descubrimos as Comunidades autónomas e as súas provincias. Así quedou: