Skip to Content

Faladoiro

"Lúa" por 4 anos A

FALADOIRO 4 ANOS A

 

   O alumnado de 4 anos A preparamos unha canción para o noso Faladoiro. Eleximos  unha con moito ritmo, “Lúa” de María Fumaça.  Tamén elaboramos unha manualidade para acompañar á canción.

 

            Desfrutade do noso traballo:

NORABOA  4 ANOS A!

"Comeza unha semente" por 2ºA

FALADOIRO 2º A

  O alumnado de 2ºA traballamos o conto ilustrado “Comeza unha semente”, da autora Lara Knowles. Memorizamos o texto e o recitamos para o noso faladoiro.

  Desfrutade do noso traballo!

 

 

NORABOA  2º A!

5 anos B en "Como debuxar un neno" de Gloria Fuertes

FALADOIRO 5 ANOS B

 

   O alumnado de 5 anos B estivemos traballando a poesía de Gloria Fuertes, “Como debuxar un neno”. Démoslle un pouco de ritmo e fixemos unha canción.

    

            Desfrutade do noso traballo:

Noraboa 5 anos B!

5 anos A adapta unha poesía de Rosalía de Castro

FALADOIRO 5 ANOS A

 

 

   O alumnado de 5 anos A iniciamos os faladoiros de Educación Infantil. Estamos traballando o inverno e fixemos unha adaptación dunha poesía de Rosalía de Castro sobre esta estación.

    

            Desfrutade do noso traballo:

Noraboa 5 anos A!

Vida saudable para todos e todas por 3ºB

FALADOIRO 3º B

 

   O alumnado de 3ºB  presentamos no noso Faladoiro unhas recomendacións que todos e todas podedes seguir para ter unha vida saudable. Estamos traballando as tres pirámides: a pirámide da alimentación, a pirámide da actividade física e a pirámide dos hábitos saudables. Esta investiganción a facemos dentro do nosos PDI: “Vida saudable para todos e todas”.

 

       Desfrutade dos nosos consellos:

NORABOA  3ºB!

Distribuir contido


by Dr. Radut