Comezamos o curso facendo un percorrido polos países de Europa e polas Comunidades Autónomas e provincias de España.
-Temporalización: mes de setembro e primeira quincena de outubro.
-Motivación: En 6º apareceu un mapa de Europa que lle faltaban pezas. Por equipos buscaron, cos seus ordenadores, mapas para identificar os países que faltan para completar o puzzle. Tamén investigaron por que había dúas cores para os países. Decatáronse enseguida da existencia da Unión Europea e empezaron a informarse en que consiste.
A partir de aquí presentamos un “genially” que vai ser a folla de ruta para o desenvolvemento do proxecto. Cada alumno e alumna ten a folla de ruta no eva (entorno virtual de aprendizaxe) e así saben en cada momento en que fase do proxecto se atopa.
6º de PRIMARIA
-As tarefas finais do proxecto foron:
1.- Elaboramos un vÍdeo coas bandeiras dos países da U.E: en lingua fixemos rimas cos nomes dos países da Unión Europea, cos seus xentilicios e as súas capitais. En plástica pintamos as bandeiras. O noso traballo “Xogamos con bandeiras” quedou así de divertido:
O alumnado de 5º de primaria seguiu o mesmo proxecto tendo como referencia a xeografía de España e elaborou o seguinte vídeo:
2.- Fixemos un mural colaborativo de Europa entre as dúas aulas de sexto.
3.- Na materia de lingua galega, coa ferramenta dixital Freemind, fixemos esquemas dos órganos de goberno da U.E. Traballamos o regulamento como tipo de texto prescriptivo. Como os órganos de goberno funcionan a partir de regulamentos internos, nós decidimos elaborar os nosos Regulamentos de aula para organizar as normas de convivencia durante o curso.