Skip to Content

4 anos 17/18

XEADO DE AMORODO

Con esta semana de calor, seguimos cos obradoiros de cociña,e aínda que estamos en época de amorodos queríamos facer algo fresquiño para dar comezo a entrada da primavera.Amorodos, azucre e yougurt e a triturar. Que bo estaba!!!

A NOSA RECEITA DE CHEFS SAUDABLES

A Consellería de Sanidade ven de por en marcha o concurso Chefs Saudables, que consiste na elaboración dun video no que os escolares han de preparar unha receita saudable dun prato principal que cando menos conteña legumes, peixes e/ou verduras e hortalizas.

Aquí van as receitas das clases de 4 anos.Se queredes ver o resto de receitas do alumnado de Educación Infantil podedes velos no apartado proxectos.

 

TRABALLAMOS OS SENTIDOS

A semana pasada na clase de 4 anos B fixemos varios obradoiros sobre os sentidos.Aproveitamos que traballamos sobre a atleta Adriana Santos para aprender sobre o sentido da vista e sobre como ela é capaz de correr sen poder ver. Tamén usamos o oído escoitando diferentes sons e intentando identificalos sen ver.

Usamos o tacto para tocar e sentir varias texturas e pasámolo xenial usando o gusto e descubrindo os sabores ácedos, salgados, amargos e doces.

E por último usamos o olfacto con cousas agradables e outros que non o eran tanto... Toda unha semana de experiencias moi interesantes!!!

 

 

 

FACEMOS NEVE

O día 21 de febreiro e coa chegada do inverno  o frío chegou tamén a clase das vitaminas . Traballamos moitas representacións metereolóxicas do inverno como choiva, flocos, vento...Pero non podía faltar unha moi divertida. Así que fixemos maxia potaxia .... e a neve chegou a nosa aula.Encantounos pringarnos as mans e facer formas e figuras . Case case como a neve de verdade.

 

O NOSO CORPO POR DENTRO

Os nenos de 4 anos seguimos a aprender sobre o corpo humano .Fixemos ao noso amigo " Vikin",pintámolo e debuxamos os órganos que aprendemos .Agora podemos  xogar a pegar cada órgano no seu sitio.

Distribuir contido


by Dr. Radut