Skip to Content

Nenos deportistas

ASCENSO DE CATEGORÍA

 O pasado 29 de abril o equipo pre-benxamín de fútbol 8 da Guía ascendiu de categoría. Dentro do mesmo hai 7 alumnos do colexio. Foi unha tempada dura, aínda que ao final tivo a recompensa do ascenso. Parabéns campións e a seguir gozando do deporte!!!!

 

 

 

 

 

(Antón Sotelino, Iván Lago, Tijani Egala, Adrián Álvarez, Xian Díaz, Pablo Estévez, Hugo Bértolo e o resto do equipo)

 

Grazas a Fran Álvarez pola súa foto.

SORAYA BARREDO, UNHA NAI CAMPIONA

  Hoxe, 13 de xuño de 2016, comezamos un novo apartado en Educación Física, que bautizamos co nome de "O/A meu/miña pai/nai é un/unha campión/a". Nel tratamos de facer unha sinxela semblanza da vida deportiva do protagonista, desde todas as perpectivas. Na sesión inaugural tivemos unha invitada de luxo: SORAYA BARREDA, balonmanista de élite e nai de Nayara de 6º B. Grazas pola súa colaboración.

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANDREA FERNÁNDEZ E SARA URREA CAMPEONAS GALEGAS DE VOLEIBOL

As alumnas de 6º A, Andrea Fernández e Sara Urrea, proclamáronse compeonas no campeonato galego da súa categoria (cadete), formando parte do club Xuvenil de Teis. Enhoraboa ás nosas campeonas que disputarán o campionato de España en terras asturianas a finais de Xuño. Moita sorte!!!

 

 

 

Aos bordes da imaxe, Sara e Andrea                      

FEDERICO ZAPATERO, TAEKWONDISTA: RUMBO ÁS MEDALLAS

O noso compañeiro de 6º A (5º na ringleira inferior), posa do máis aguerrido cos seus compañeiros do Club Area de taekwondo. A reportaxe é do xornal Faro de Vigo no seu apartado "campións".

 

 


Distribuir contido


by Dr. Radut