Skip to Content

Deporte escolar

VOLEIBOL

O pasado 12 de maio tivemos unha sesión práctica de Voleibol. O encargado de impartila foi o adestrador do equipo Xuvenil de Teis, Miguel. Lembraros que o vindeiro 28 de maio de 10 a 13 horas, hai unhas xornadas de portas abertas no pavillón de Teis. Quedades todos convidados.

 

Eiquí tedes unhas fotos da sesión.

JUDO

Dentro do programa deporte na escola, no colexio, tivemos unhas sesións prácticas de judo. Veu o maestro nacional de judo Carlos, actual seleccionador sub-23 da comunidade. Con el aprendemos unhas nocións básicas desta arte marcial milenaria. Eiquí deixamos unha presentación de fotos das mesmas.

 


RUGBY

   O pasado venres 11 de febreiro tivemos a visita no centro de dous compoñentes (Mauro e Buba) do equipo de rugby Universidade de Vigo, inmerso na fase de ascenso a primeira división. Disfrutamos dunha sesión práctica deste deporte. Lembrade que podedes subir ao Cuvi cada sábado ás 11 da mañá si queredes adentrarvos no rugby (nenos e nenas de 5 a 12 anos). Animádevos !!!

PRESENTACIÓN DAS FOTOS DE 4º E 5º

 

VÍDEO DOS MELLORES MOMENTOS:

LOITA OLÍMPICA

Dentro do programa XOGADE, o pasado venres día 26 de novembro, tivemos unha sesión os alumn@s de 3º e 4º. O encargado de impartila foi un loitador (Marcos) da federación galega de loita.

 

Si pulsades AQUÍ, podedes ver as fotos da mesma.

 

 

XOGANDO CO ATLETISMO I, AUTONÓMICO

O pasado 26 de abril tivo lugar o campeonato autonómico en Pontevedra. Frián tiña a representación do equipo feminino alevín. A pesar de ser alevíns de primeiro ano todas as compoñentes, conseguiron un meritorio 5º posto. Algúns postos individuais foron os seguintes:

- 2ª e 4ª na carreira 6x10.

- 3ª na xavelina.

Foi unha magoa no relevo liso, cando caeu a segunda relevista (Daiana), indo primeiras.

 

 

XOGANDO CO ATLETISMO AUTONÓMICO 26 04 2010 from josemaillo on Vimeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut