Skip to Content

Traballos escolares

traballos escolares

A árbore dos valores

Na aula de 3ºB estiveron traballando "valores". Realizaron a árbore dos valores que podemos ver no seu corredor.

Se vas visitalo leva o teu móvil coa aplicación "Aurasma" e poderás facer un poquiño de maxia tecnolóxica.

Esa maxia levarate a este vídeo:

Guardar

Felicitacións máxicas en 1º

O alumnado de 1º felicitou ás súas familias cunha postal moi tecnolóxica.

Dentro destas postais escondíase un agasallo para as familias. Axudados dun dispositivo móbil e da app aurasma, nas súas casas, poden ver o que esconden estas postais máxicas.

 

 

 

 

Así lucían na entrada do colexio.

 

 

Guardar

Vídeo contra a violencia de xénero en 3º

O alumnado de 3º realizou o seguinte vídeo para realizar unha actividade de realidade aumentada. Empregando a app "Aurasma" o cartel cobra vida. Podes atopalo exposto no corredor de entrada ás clases de 3º.

 

Proxecto 2º de primaria: "Coñecemos Vigo"

Neste 3º trimestre traballamos  nosa localidade, polo que investigamos sobre os diferentes lugares de Vigo facendo un pequeno  libro coa información recopilada e os/as alumnos/as ademais fixéronse fotos  en cada un dos lugares  traballados.  

Aprendimos moitas cousas da nosa cidade que non coñeciamos!!!!!!!​
 
 
Libros guías de Vigo editados polo alumando de 2º de primaria

 

 


 
Vídeos realizados coas fotos do alumnado:
 
 
 
 
 
 

Concurso: "Deseña unha xoia para a túa nai"

Un ano máis participamos no concurso "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI" e novamente unha alumna do colexio recibe a boa nova de que foi seleccionado o seu debuxo. Esta vez, SHEILA NUÑEZ BORRAGEIROS, de 6ºB foi a afortunada.

Aquí tedes as fotos que lembran o momento.

Distribuir contido


by Dr. Radut