Skip to Content

Proxectos

Proxectos

UBRADOIRO DE RECICLAXE

OBRADOIRO DE PLASTILINA

OBRADOIRO DE PLASTILINA

O luns 10 de novembro, tivemos un obradoiro de fecer "plastilina máxica". Esta vez Montse ensinounos que mesturando:

  • Fariña
  • Auga
  • Colorante alimenticio

podiamos facer unha plastilina moi brandiña. Cada un de nós amasou a fariña coa auga, e despois repartimos a nosa plastilina e fixemos moitas figuriñas: as nosas letras, moitos pantasmas, pizzas, caracois, etc...

 

PASÁMOLO MOI BEN!

GRAZAS MONTSE POR ENSINARNOS A FACER PLASTILINA QUE PODEMOS FABRICAR NA CASA

Obradoiro de reciclaxe en Infantil

O mércores día 5 de novembro, tivemos nas clases de 4 anos de Educación Infantil, un obradoiro de reciclaxe. Montse ensinounos a facer "papel reciclado".

  • Primeiro estivemos falando que o papel sae das árbores, por iso hai que reciclalo para coidar o noso planeta.
  • O primeiro que fixemos foi rasgar papel de periódico, en anaquiños pequenos.
  • Despois recollemso os papeis e os mesturamos con auga. Batemos coa batidora esta mestura.
  • O terceiro paso, foi colar esa mestura cun aparello semellante a un colador.
  • De seguido, secamos a folla de papel cun pano. Repetimos esta operación, varias veces e deste xeito conseguimos facer papel reciclado.

A actividade foi moi motivadora, porque participamos todos, rasgando periódicos, batendo a mestura e secando o papel.

Estamos todos animados a seguir reciclando!

 

Grazas Montse

PERIODO ANTICIPACIÓN 2014-15

Superado o "periodo de adaptación" e despois de moitos choros e largas separacións de papá e mamá aquí estamos tan contentos e contentas. Deixámosvos un montón de fotos para que o disfrutedes con nós.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut