Skip to Content

Saídas e visitas

Saídas e visitas

Visita a Fundación Sales

VISITA Á BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL

O alumnado de Educación Infantil visitou esta seman a Biblioteca pública de Vigo Juan Compañel. Alí nos esperou César o encargado da Zona infantil. Coñecemos a organización da biblioteca e todo o que alí podemos atopar. Gozamos de diferentes contacontos e sobre todo nos divertimos moitísimo . As nosas caras de ledicia neste video o reflicten.Non volo perdades!!Os invitamos a todas as familias a visitar a biblioteca.

 

Apípolis!!! as abellas nos encantan

O pasado xoves 14 de xuño o alumnado de 5 anos visitou a granxa Apípolis en Pontevedra. A través desta visita o alumnado coñeceu mais de cerca o maravilloso mundo das abellas e a importancia que teñen no noso medio e para o noso desenvolvemento.

Aquí vos deixamos un video cos momentos mais importantes desta saída que sen dúbida foi unha experiencia moi enriquecedora para todos.

 

 

"CORAZÓN DE CARBALLO": UN PARAÍSO

O pasado venres día 1 o alumnado de 3 e 4 anos de Educación Infantil visitou como excursión de final de curso , a granxa de recente apertura " Corazón de Carballo". A visita non puido ser mellor, ademais das excelentes vistas e instalacións , a gran variedade de actividades que realizaron os mais cativos , encantóunos a todos. Sen dúbida unha experiencia irrepetible que non tardaremos en volver repetir.

Non vos perdades este video cos mellores momentos que pasamos nesta saída .

VISITANDO " MARUJA LIMÓN"

Este vindeiro luns 21 de maio, o alumnado de Educación Infantil visitou o famoso restaurante "Maruja Limón". Un dos seus donos Rafael Centeno, que conta cunha Estrela Michelín, abriu as portas do seu restaurante para inculcarnos, mais se cabe, o gusto pola cociña. Coñecimos os fogóns onde traballan e elaboramos todos xuntos unha receita moi doce e apetitosa.

Grazas Rafa por atendernos tan ben e adicar parte do teu tempo para facer sentirnos moi especiais no teu restaurante. Ata sempre!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut