Este ano o Equipo de Plurilingüismo elaboramos un mural colaborativo da pomba da Paz de Pablo Picasso e as pombas de artista ucraína Maria Prymachenko.
O día 30, reunido todo o alumnado no patio, un grupo de alumnas do centro explicaronnos a situación mundial que estamos a vivir, e as nosas alumnas ucraínas de 5ºA Yana e Valeria expresaron os seus desexos de Paz no seu país. rematamos o acto cantando todos xuntos a canción "Light a candle for Peace" baixo a dirección da profe de música Gema.