Dende o 2 de Marzo estamos realizando xornadas de portas abertas, para que todo o que se queira achegarse ao colexio poida ver como traballamos e solventar as dúbidas que teñan.
O período de matrícula para o curso 2009-2010 está aberto. No seguinte enlace podes descargar os impresos que necesitas para formalizar a matrícula, logo só tés que entregala na secretaría do Centro.
No seguinte enlace de DISPOSICIÓNS XERAIS do DOGA podes descargar os impresos (ANEXOS) de matrícula:
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.