Skip to Content

Foi nova...

DÍA DE SAN DAVID, PATRÓN DE GALES

E porque... celebramos tamén este día?. Pois é ben doado, este ano contamos no colexio con Gemma, que é a nosa auxiliar de conversación, de orixe Galés. O 1 de Marzo celebra o día da súa festa Nacional, e como está conosco fixemos unhas preciosas flores que representan ao seu país, os narcisos, para conmemorar O Día de San David

VÍDEOS DO ENTROIDO 2011

Xa temos aquí os primeiros vídeos do Entroido 2011!!!

ESTE ENTROIDO...O VERDE MOLA!

Un ano máis festexamos o Entroido no colexio . Como non podía ser doutro xeito, a inspiración este ano veu do Ano Internacional dos Bosques que estamos a traballar dende o proxecto: "Un bosque para ler e navegar". Así que por un día cambiamos o asfalto das rúas próximas ó colexio por un bosque animado cheo de trasnos xoguetóns, flores multicolores, piñeiros verdes, coelliños saltaríns, cogomelos xigantes, bruxas e ananos divertidos... A canción que nos acompañou todo o percorrido ben o dicía: "O verde mola"

A continuación deixámosvos algunhas fotos dos mellores momentos, que as disfrutedes!

FOTOS DE GRUPOS: (PARA VER A PANTALLA COMPLETA PREME NA PARTE INFERIOR DEREITA DA FOTO)

 


FOTOS DURANTE O DESFILE:

CHEGA O ENTROIDO 2011!!!

ANTIFACES

Se premes na imaxe, podes entrar na páxina de proposta de actividades para achegarse o entroido 2011

TEATRO DE PAIS E NAIS 2010-2011

Xa vai sendo habitual, que ano tras ano, un grupo de pais e nais, fagan teatro para todos nós, coa temática do proxecto da Biblioteca. Levan todo o curso traballando para demostrarnos as súas habilidades, que non son poucas. Este ano a obra escollida foi "Historia dunha sobreira" de Ramón Caride. Deixámosvos unhas imaxes dos mellores momentos:

Moitas grazas!!!

VÍDEO DA OBRA DE TEATRO
1ª PARTE
2ª PARTE
Distribuir contido


by Dr. Radut