Como remate das actividades incluidas no Proxecto de Dinamización sobre O Cid Campeador, toda a Comunidade Educativa participou nunha fantástica Festa Medieval coa que todos aprendimos e disfrutamos moito.
A cita foi o martes 20 de maio, e ata o tempo quixo acompañarnos nesta data tan senlleira.
Queres saber en que consistiu todo...? Continúa a ler, e serás un testigo de excepción.
Pola mañán cedo, vestímonos coas nosas roupas medievais, e, cos nosos compañeiros e compañeiras, aprendimos moitas cousas nos obradoiros que estaban organizados.
|
|
|
Obradoiro de Tocados Medievais |
Obradoiro de Confección de Escudos |
Construimos un castelo |
|
|
|
Obradoiro de Luthería |
Obradoiro de Maquillaxe |
Obradoiro de Pintura Miniada |
|
|
|
Obradoiro de Alfaiaría |
Obradoiro de Escritura Gótica |
Obradoiro de Confección de Broches |
|
|
|
Obradoiro de Nós Mariñeiros |
Obradoiro de Estampación |
Pano estampado |
Despois de tanto traballo... quen non merece un descanso...? Os membros da A.N.P.A. ofrécenos un delicioso prato medieval: pan recién forneado con salchichas. Cando hai fame...!
Despois do recreo, pómonos cómodos, e comezamos un auténtico torneo medieval. Ser cabaleiro require o seu esforzo! Estas foron algunhas das probas:
|
|
|
Percorrido cos aros |
Enche o cubo |
Danza |
|
|
|
Xogo dos escudos |
Xogo dos escudos |
Rá |
|
|
|
Carreiras de sacos |
Tirar da corda |
Trompos |
|
|
|
A xusta |
Móvete cos zancos |
Móvete cos zancos |
Durante todo o día nós e os nosos pais e nais puidemos visitar as fantásticas Exposicións que organizamos sobre a Idade Media.
Na Aula de Música, grazas á colaboración do Obradoiro de Luthería da Escola de Artes e Oficios de Vigo, puidemos coñecer máis polo miúdo algúns instrumentos medievais; tamén aprezamos algúns dos instrumentos que os alumnos e alumnas de 4º e 5º teñen construido.
|
|
|
Laúde e arpa bárdica ou medieval |
Gaitas, guitarra renacentista e laúde |
Arpa céltica |
|
|
|
Pezas de marqueteiría |
Frautas de Pan |
Paus da chuvia |
No Salón de Actos, todos poideron contemplar os nosos traballos:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tamén coñecimos o Frianceiro.
E pola tarde, "festa rachada". Os artistas fomos nós; o público, as nosas familias e os nosos compañeiros:
Alumnos e alumnas de Educación Infantil: O año Pitaño |
Alumnos e alumnas de 1º A: Romance de Doña Ada |
Alumnos e alumnas de 1º B: O Casamento do piollo e a pulga | Alumnos e alumnas de 2º: O Romanceiro de Frian |
|
|
Alumnos e alumnas de 3º A: Nos montes da Oliva | Alumnos e alumnas de 3º B: Romance da Doncela Guerreira |
|
|
Alumnos e alumnas de 4º A: Romance da Lavandeira |
Alumnos e alumnas de 4º B: O merlo poeta |
|
|
Alumnos e alumnas de 5º A: Don Martiño |
Alumnos e alumnas de 6º B: A Romeira |
Alumnos e alumnas de 6º: Sancta Maria, Strella do día Preme aquí para escoitar a instrumentación |
Grupo de teatro: O terrible dragón de Vigo (títeres) |
E, entre número e número, visiten o bar (ou o noso posto de verduras, se aí o prefiren)
Esta Festa foi cousa de todos. Rematemos, pois, bailando, pais, nais, mestres e mestras, nenos e nenas, ó son da música que está soando:
|
|