Skip to Content

O XOVES, VIDEOFORUM PARA PAIS E NAIS

Carátula da película
 
 
Continuando co noso Proxecto Documental Integrado, o vindeiro xoves 25 de marzo temos actividades para os adultos: unha sesión de videoforum para pais, nais e mestres.
 


Acompañaranos nesta ocasión toda unha experta na materia: Carmen Pereira Domínguez, profesora da Universidade de Vigo, a quen temos a honra e o pracer de coñecer, porque é quen de pór en práctica esa frase que ten elixido como lema da súa páxina persoal: Vivir con modestia, pensar con grandeza.

A partir do visionado da película Kirikú y la bruja (unha xoia do cine de animación) Carmen nos axudará a desentrañar todos os valores relacionados coa Interculturalidade.


Animámosvos a todos os adultos da nosa Comunidade Educativa (pais, nais, avós, avoas, mestres, mestras...) para que participedes nesta actividade. É un bo xeito de coñecernos mellor a nós mesmos e ós demais membros da Comunidade Educativa, e de traballar sobre os valores que tanto necesitan o mundo e o noso alumnado. 
 
 
 
Carmen Pereira Domínguez 
 
 
Vémonos o xoves con Carmen, ás 16:30 horas!   



page | by Dr. Radut