Skip to Content

AS AVENTURAS DUNS PAXAROS E DUN MAGO

Imaxe do conto elaborado polos alumnos e alumnas de 2º A 

Este é o título do conto que os alumnos e alumnas de 2º A temos elaborado, ao longo deste curso, coa axuda das nosas familias.

Todo empezou na clase de Música: a partires duns sons ambientais propios do Outono, inventamos un conto conxunto.

Quedounos tan bonito que decidimos que tiñamos que compartilo coas nosas familias. Así, cada fin de semana, un de nós levaba a "carpeta viaxeira" a casa, onde, coa axuda das nosas familias, ilustrábamos unha folla.

Ao final, algúns de nós gravamos o son.

E aquí tendes o resultado. Esperamos que vos guste! 

 

 



page | by Dr. Radut