Skip to Content

INTERTEATRO: TEATRO ESCOLAR NO NOSO COLE

Momento da representaciòn de Snow White 

O mércores 1 de abril de 2009, recibimos no noso Colexio unha visita moi especial: un grupo de nenos e nenas que, en representación das súas respectivas escolas, viñeron á nosa para mostrarnos o ben que actúan.

 

Os primeiros en actuar foron os nenos e nenas do Primeiro Curso do C.E.I.P. Javier Sensat, de Alcabre, que viñeron acompañados do seu mestre, Ramón, e de Pitu. Ofrecéronnos a súa versión de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Magnífico, chicos!

 

A continuación, os rapaces e rapazas de 6º curso do C.E.I.P. Carrasqueira, de Coruxo, deron mostra do seu bo facer cos idiomas, representándonos Snow White, o famoso conto coñecido por todos nós (Brancaneve), pero... en inglés! E o ben que falaban...! Noraboa!
Podes ver as imaxes no blog da Biblioteca.
Ó rematar, a Xefa de Estudios e a Coordinadora de Normalización Lingüística entregaron diplomas aos rapaces. E remataron compartindo mantel no Comedor do noso Colexio.
Grazas por compartir connosco a vosa arte! 


page | by Dr. Radut