Na aula de 5 anos B incorporamos este curso un novo proxecto titulado "ACTÍVATE" en dúas sesións semanais. O alumnado a través de actividades e xogos que impliquen movemento traballan aspectos para o desenvolvemento da mente e do corpo. A importancia é facelo a través do xogo e de actividades motivadoras e divertidas. A mestra Ánxela é a encargada de levar a cabo este proxecto e sen dúdbida os cativos están encantados.
Aquí vos deixamos un par de videos para que vexades como se levaron a cabo e o ben que o pasan.