O 28 de Maio o alumnado de 4º de Primaria, en representación de todo o centro, asistíu ao acto de entrega de premios da 3º edición de Faro da Escola.
A xuntanza tivo lugar no parque de Castrelos coa participación de 48 colexios da provincia de Pontevedra. Tratouse dunha xornada festiva na que os patrocinadores felicitaron e agasallaron a todos os participantes.
Recibimos por parte de “Faro de Vigo” exemplares , para toda a comunidade educativa, do xornal que elaboramos neste curso.
O noso cole recibiu o 3º premio ao ´´Mellor uso do audiovisual” e un accésit especial ao “ Cómic Sopa Verde”
NORABOA!