Skip to Content

4º A: "RECETAS XENIAIS PARA NENOS/AS MOI GUAIS"

“RECETAS XENIAIS PARA NENOS/AS MOI GUAIS  “

 

   Durante este curso, os alumnos e alumnas de 4º A estivemos traballando coa mazá, que é a froita que representa a nosa clase porque temos apadriñado a maceira do cole.

   Como ben sabemos, todos debemos levar unha  vida saudable e activa, para estar fortes e áxiles. Por este motivo pensamos que sería moi boa idea elaborar un libro de receitas de sobremesa que levasen como ingrediente principal a mazá.

     Receitas sinxelas que poidamos facer na casa en compañía da nosa familia, para gozar e enriquecernos con novas ideas para alimentarnos dun xeito máis caseiro e natural.

      Foi un traballo que fixemos en grupos, polo que, a parte de aprender moito  tamén nos divertimos enormemente. Agora so queda que todos e todas desfrutedes con el.

 

Bo proveito!!

 

BOA INVESTIGACIÓN 4º A !!

NORABOA!!



page | by Dr. Radut