“RECETAS XENIAIS PARA NENOS/AS MOI GUAIS “
Durante este curso, os alumnos e alumnas de 4º A estivemos traballando coa mazá, que é a froita que representa a nosa clase porque temos apadriñado a maceira do cole.
Como ben sabemos, todos debemos levar unha vida saudable e activa, para estar fortes e áxiles. Por este motivo pensamos que sería moi boa idea elaborar un libro de receitas de sobremesa que levasen como ingrediente principal a mazá.
Receitas sinxelas que poidamos facer na casa en compañía da nosa familia, para gozar e enriquecernos con novas ideas para alimentarnos dun xeito máis caseiro e natural.
Foi un traballo que fixemos en grupos, polo que, a parte de aprender moito tamén nos divertimos enormemente. Agora so queda que todos e todas desfrutedes con el.
Bo proveito!!
BOA INVESTIGACIÓN 4º A !!
NORABOA!!