Continuamos o trimestre cun proxecto de Ciencias Naturais. Este proxecto centrouse no bloque 4 do currículo, investigamos coa matería, a enerxía e os recursos enerxéticos do planeta.
-
Temporalización: 15 febreiro ata final de marzo.
-
Motivación: O longo de varios días apareceu na pantalla dixital da clase a portada do “genially” que ía a ser a nosa folla de ruta para o desenrolo do proxecto.
Estaban todos/as intrigados sobre como podían axudar á terra. Partindo deste punto, seguimos traballando a partir das distintas páxinas do genially.
As tarefas finais do proxecto foron:
1.- Elaborar un vídeo explicativo dos obradoiros que fixeron, sobre a matería e a enerxía, por equipos. Estos obradoiros foron: Transformamos enerxía química en enerxía eólica Transformamos enerxía potencial en enerxía cinética Experimentamos coa luz Xogamos cos cambios de estado.
2.- A segunda tarefa consistiu en determinar a cantidade de gas contaminante que emitimos cada un de nós no noso traxecto ao cole cada día.
Coa aplicación google maps cada alumno/a diseñou o seu traxecto diario da súa casa ao cole e despois calculou canto anhídrido carbónico emite o seu medio de transporte cada día, según os kilómetros que faga e o medio que utilice. Pola lei de privacidade dos datos do alumnado non podemos mostrar estes traballos.
En 5º de primaria a folla de ruta estivo marcada polo seguinte genially:
As tarefas foron:
1. Experimentar coa materia e obter conclusións e a realización de circuitos eléctricos
2. A realización dun tríptico sobre recomendacións para un bo uso enerxético nas nosas casas.
Este tríptico foi repartido por todas as aulas do centro. Por parellas o alumnado de 5º foi dando as explicacións correspondetes sobre as súas conclusións despois de ter traballado con diferentes enerxías. No seguinte vídeo podedes ver algúns deses momentos: