Skip to Content

Proxecto 3:"Vigo sostible" (2º trimestre)

 

 Comezamos o segundo trimestre traballando a demografía, a poboación, os movementos migratorios e os sectores económicos da nosa cidade, España e o mundo.

  -Temporalización :  mes de xaneiro e primeira quincena de febreiro.

  -Motivación:  Coa incorporación duns novos compañeiros sirios ao cole, concretamente un ao noso curso 6º, procedentes dun país en guerra. O alumnado estaba moi motivado para iniciar o estudio dos movementos migratorios e as súas causas.

     Tivemos un obradoiro impartido pola Asociación Provivienda, que traballa en Vigo axudando aos refuxiados. No seguinte vídeo recollemos un resumo dos obradoiros do segundo trimestre, un deles é o obradoiro sobre esta asociación:

A partir de aquí presentamos un “genially” que foi a folla de ruta para o desenvolvemento do proxecto. Cada alumno e alumna ten a folla de ruta no eva (entorno virtual de aprendizaxe)  e así saben en cada momento en que fase do proxecto se atopa.

-A tarefa final do proxecto foi:
1.- Diseñar, por grupos, unha empresa ubicada en Vigo. Tiveron que seguir un guión e utilizar as ferramentas dixitais:

Padlet.- para o diseño da empresa
Genially.- para elaborar o anuncio publicitario
Canva.- para elaborar o anuncio publicitario
Scratch.- para elaborar o logo da empresa
Vídeo.- para elaborar o skecht publicitario

No seguinte padlet recóllese o traballo dos grupos, once diseños de empresas fictícias para un VIGO máis sostible



Hecho con Padlet

No programa proxecta de “Máis e mellor actividade física” ,que imparte o profesor de Educación física, fixeron un circuito de búsqueda de empresas de Vigo para asocialas a cada un dos sectores económicos da cidade. (enlazar vídeo).

 

En 5º de primaria a ruta de traballo partiu do seguinte genially:

 

ACTIVIDADE 1:

Facemos enquisas dixitais, queremos saber os gustos dos noso compañeiros/as: Esta tarefa consistiu en pasarlle os/as compañeiros/as enquisas dixitais sobre gustos en distintos temas. A enquisa a fixemos con formularios de drive e as compartimos por correo electrónico. Recollimos os datos das respostas a modo de gráfica e as colocamos neste muro.

 

 

 ACTIVIDADE 2:

ACTIVIDADES ECONÓMICAS DA NOSA VECIÑANZA: encuestamos a 10 veciños/as cada un de nós, analizamos a que sector pertence, realizamos gráficas e táboas e sacamos conclusións:

 

 

TAREFA:

Realizamos unha comparación para poder saber se os resultados das nosas enquisas teñen que ver cos resultados reais publicados polo Instituto de Estadística:

 

 

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet


page | by Dr. Radut