Antes das vacacións de Semana Santa algunhas familias quixeron vir a visitarnos para levar a cabo uns obradoiros moi especiais cos nosos rapaces.
Rodrigo, papá de Iago de 4 anos A, visitounos para ensinarnos a coñecer un pouco mais de fondo o seu traballo de camareiro. Tal foi a implicación que converteu a clase nun verdadeiro restaurante.Manteis, servilletas,xogos de cubertos... Os nenos escolleron menú e tamén pagaron con billetes e moedas de chocolate.
Tamén nos visitou Lili, mamá de Leo de 3 anos A, pero Lili non viu soa senón que a acompañou Samba un can moi intelixente que traballa facendo terapias para os nenos que mais o necesitan. O peiteamos, dímoslle de comer, o acariciamos... Unha experiencia increible!!!
Noe, mamá de Daniela e Celia,avóa de Lucía de 4 anos A, tamén nos visitaron para elaborar unhas deliciosas brochetas de froitas e ademais levamos a cabo unha manualidae pintando con froitas.
Na clase de 4 anos B, nesta ocasión foi Diana, mamá de Xoel, que aproveitando que a Pascúa está a volta da esquina quixo levar a cabo cos nenos uns coelliños moi orixinales e deliciosos.
Grazas a todas as familias por vir a visitarnos!!!! Ata a próxima!!!