O 15 de maio, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria acudimos ó Auditorio do Concello a un concerto titulado "Sonidos de la Tierra",interpretado pola Banda de José Luis Gutierrez e organizado pola obra social de Caja Madrid.
O concerto foi moi divertido e participativo. E como o seu título indica, consistiu nunha viaxe polos diferentes países e músicas do mundo: dende a máis próxima a nós (a música celta) ata a máis lonxana, como a africana, a asiática ou a andina. Algúns dos nosos compañeiros poideron lembrar o seu propio floclore ó escoitar un tango arxentino ou unha danza húngara.