Durante todo o curso, na hora de préstamo de libros da biblioteca, os alumnos e alumnas fixeron recomendacións das lecturas que máis lle gustaron. Os que querían recomendar a súa lectura aos demais, tiñan que facer unha referencia do libro a recomendar:
- identificar o tipo de texto,
- o argumento,
- a intención comunicativa e sobre todo,
- a súa opinión personal.
Unha vez feita a valoración do seu libro, os compañeiros e compañeiras que o querían coller en préstamo, rexistrábanse no libro de recomendacións. Ó rematar o curso, fixemos un estudo dos datos e resultaron que os libros máis recomendados foron os seguintes. Podedes ver aos propios alumnos e alumnas recomendar o libro máis lido na súa aula.