Os alumnos de 5º do cole, no curso anterior (2015/16) participamos no XIV Concurso Internacional de Debuxo Infantil : “O país da auga”. Presentamos os nosos traballos facendo unha investigación moi interesante sobre este recurso tan imprescindible para a nosa vida como é a “auga”.
Tivemos a gran sorte de que unha alumna do noso cole foi premiada polo seu excelente debuxo. A galardonada é María Sio Tizón de 5º-A.
María Sío Tizón acompañada da súa familia o día da entrega do premio
Aqualia convidounos a toda a clase á entrega de premios, que se celebrou o día 31 de marzo.
A protagonista explica como fixo o seu debuxo. Que mellor que ela para contarnos como foi todo o proceso.
A continuación unhas fotos da ceremonia de entrega de premios, preme nela e verás os mellores momento da ceremonia:
Cos seus compañeiros/as e a mestra