Skip to Content

OBRADOIRO TECELÁ

O martes 19 de febreiro, @s alumn@s de 2º fixemos unha visita educativa a un tecelá. Pero... ¿qué é un tecelá? Pois é unha persoa que ten o oficio de tecer lá ou liño (de aí o nome: tece – lá). E tecer consiste en facer unha tea a partir de fíos ¡¡¡é incrible!!!   
Nena atenta as explicacións da tecelá, con un telar diante

         

A visita tivo dúas partes. Nunha, explicáronnos como se cultiva o liño. É a tea que se utilizaba hai moitos anos en Galiza (e moitos máis lugares) para facer a roupa de vestir, a roupa da cama, a roupa interior...  Dá moitísimo traballo: primeiro se cultiva a partires duna pequena semente; cando xa está medrariño arríncase, átase en présas (“puñados”) e se estenden ao sol; logo sumérxense en auga para que ablanden, despois volta ao sol... Cando xa reblandeceron, as espigas golpéanse e machácanse para extraerlles a fibra que teñen por dentro. Esta fibra é áspera, e hai que peiteala cun peite feito con cravos. Cando se peitea, quedan as fibras máis suaves na man, e as máis ásperas no peite. As suaves utilízanse para facer teas máis finas e bonitas (de gala) e as fibras que quedan no peite (chámanse estopa) utilízanse para facer sabas e roupa de cotío). Pero as fibras inda non están listas, ¡que va! Inda hai que fialas para o que se usa unha roca e un fuso. Despois fanse madeixas e nobelos e, por fin, xa se pode tecer. Por certo, por uns intres convertémonos en tecelás, ¡¡¡e tivemos a oportunidade de tecer un anaquiño de liño!!!  

           Na outra parte da visita amosáronos outros oficios tradicionais: carpinteir@s, ferreir@s, cacharreir@s, oleir@s, canteir@s... E moitas das cousas que facían, e logo xogamos a adivinar algúns obxectos: a moxa que nos guiaba nos dicía un nome, e nós tiñamos que topar o obxecto ao que se refería coa axuda da nosa memoria (e das pistas d@s profes...). A min gustoume, ¿e a vós?



page | by Dr. Radut