Neste primeiro trimestre o alumnado de 5º e 6º estiveron a traballar conxuntamente na UDI (Unidade didáctica integrada): Ti tamén podes experimentar e inventar!
O produto final desta UDI foi unha demostración de todo o noso traballo ós compañeiros e compañeiras do resto no colexio.
Así organizamos, con axuda da xefa de estudios, un percorrido científico dividido en dúas partes:
A continuación, unha reportaxe fotográfica, feita polo alumnado, dos mellores momentos:
Nun lugar da Ciencia...!
Conéctate á Ciencia!
E a Ciencia chegou a infantil
O alumnado de 5º e 6º levaron os seu traballo e investigacións o andar de infantil. No corredor do mesmo fixeron as súas demostracións diante dun alumnado entregado. Grazas por ternos recibido.
(Preme na imaxe e verás os mellores momentos)
Convidámosvos a que na porta principal do primeiro andar visitedes a exposición de realidade aumentada do mes da Ciencia. Para realizar esta visita tedes que vir cun dispositivo móbil con conexión a internet e a app aurasma instalada. Seguro que quedaredes gratamente sorprendidos/as!