SORPRESA NO COLE!
Hoxe, 24 de outubro, foi un día moi especial no cole. Estivemos todos xuntos celebrando o Día das Bibliotecas Escolares.
Como homenaxe a ese recuncho do noso cole tan especial como é o noso “lar de Frianciño”.
Reunímonos no salón de actos e tivemos unha visita dun personaxe típico do que vai ser o PDI deste ano.
E como o proxecto documental vai sobre o circo “Había unha vez...”, non podía faltar o personaxe máis característico do espectáculo circense: un pallaso.
Soubo sacarnos un sorriso, entre maxia e aplausos entregounos un sobre moi especial para cada unha das aulas.
Cal será o contido deses sobres????….
Chegamos ás aulas e descobrimos que dentro do sobre viña escrito un título.
Ese título fará que teñamos que organizarnos para buscar información, investigar, preguntar, escribir...estades dispostos?
Grazas Biblioteca, por ser o noso territorio das artes!!!!