O mércores día 5 de novembro, tivemos nas clases de 4 anos de Educación Infantil, un obradoiro de reciclaxe. Montse ensinounos a facer "papel reciclado".
- Primeiro estivemos falando que o papel sae das árbores, por iso hai que reciclalo para coidar o noso planeta.
- O primeiro que fixemos foi rasgar papel de periódico, en anaquiños pequenos.
- Despois recollemso os papeis e os mesturamos con auga. Batemos coa batidora esta mestura.
- O terceiro paso, foi colar esa mestura cun aparello semellante a un colador.
- De seguido, secamos a folla de papel cun pano. Repetimos esta operación, varias veces e deste xeito conseguimos facer papel reciclado.
A actividade foi moi motivadora, porque participamos todos, rasgando periódicos, batendo a mestura e secando o papel.
Estamos todos animados a seguir reciclando!
Grazas Montse