O NOSO CENTRO SELECCIONADO PARA A INCORPORACIÓN AO PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS "E-DIXGAL" Informamos á comunidade educativa de que fomos admitidos (listaxe provisional) no Proxecto Experimental Educación Dixital para o vindeiro curso. Isto significa que o alumnado de 5º non terá libros de texto en formato papel senón dixitais. Este alumnado non pode solicitar beca para axuda de libros. |
Este proxecto ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros adscritos á Rede Abalar a dispoñibilidade de libros e outros materiais dixitais en 5º no curso 2014/2015 e en 6º no curso 2015/2016.
Máis información: |
http://www.edu.xunta.es/web/node/12818
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140430/AnuncioG0164-240414-0001_gl.html