A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica unha convocatoria de 2.495 axudas para os alumnos e alumnas que queiran realizar actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras no 2012. A convocatoria vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e os catro cursos da ESO, que poderán gozar de estadías formativas en ‘vilas inglesas’ en Galicia e de actividades para a aprendizaxe do francés; e aos estudantes de bacharelato e os ciclos de grao superior de Formación Profesional, que desenvolverán as actividades formativas en Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña... Para atopar máis información podedes acceder a este enlace http://www.edu.xunta.es/web/node/4240 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR LET'S IMPROVE OUR ENGLISH!!!
|