O luns celebramos o Día da Paz e a non violencia.
O luns 30 de xaneiro imos ter un acto, no patio do colexio, ás 13.00 horas. Quedades todos convidados. Podedes aproveitar para ver os traballos, expostos no colexio, que durante os últimos días estivemos a realizar entre todos e todas, organizados dende os distintos equipos: un bosque pola paz na entrada , escolma de poemas, exposición dun obradoiro dixital de carteis da paz e murais de pombas, investigacións...
Dirixidos por Pili , a nosa Orientadora, pintamos "Un bosque pola paz" na parede da entrada
Dende o Equipo de Biblioteca propuxéronnos investigar sobre unha tribo amazónica que está en grave perigo. O resultado das nosas investigacións foi o seguinte, publicado no blog da nosa biblioteca:
http://olardefriancinho.blogspot.com/2012/01/voltamos-nova-da-tribu-indixena.html
A continuación podes ver algúns traballos expostos polos corredores, organizados dende as titorías:
SELECCIÓN DE POEMAS | POMBAS DA PAZ |
OBRADOIRO CARTEIS DIXITAIS AULAS ABALAR |
POMBA DA PAZ |
Esperámosvos!
O longo da vindeira semana publicaremos nos espazos web do colexio, máis artigos sobre o que aconteza neste día.