Skip to Content

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO 2011

Despois de pensar moito no tempo máis apropiado, por fin celebramos o Magosto o xoves 10 de novembro.

Comemos castañas moi ben asadiñas que asounas o señor Manolo. Os nenos e nenas de 6º traballaron para ter atendido o quiosco e unha tenda onde vende as súas manualidades para recabar fondos para a excursión. O ANPA organizou xogos de pais contra nais (o pano, as culleres, o aro)...que divertido! Tamén recibimos a visita de Alfonso.

 

Xa sabedes que a nosa amiga Dorinda comparte con todos nós o magosto. Sen embargo este ano convidou a dúas amigas a pasar o San Martiño cos nenos e nenas do cole. Estarán un tempiño, pero despois deberán volver coas súas familias.  Se queredes ve-las só tendes que ir aos corredores das aulas de primeiro e segundo de educación primaria. Algúns de nós xa as visitamos e fixemos unhas fotos con elas de recordo, as que queremos compartir con todos.



ATA O ANO QUE VEN!!!


page | by Dr. Radut