Skip to Content

SEMANA GRANDE NO COLEXIO

fiesta

A semana que ven promete. O luns, 23 de maio,  empezaremos por facer o Festival das Letras Galegas para todos os nenos e nenas do colexio haberá teatro, música, bailes...

O martes 24 de maio,  faremos a festa de finalización do proxecto: "Un bosque para ler e navegar" organizada polo Equipo de Biblioteca.  Para arrincar este día, despois de vestirnos cos traxes do Entroido, participaremos en obradoiros de manualidades,  faremos tamén "a gran búsqueda do tesouro" por todo o colexio e seguro que atoparemos un momento para recuperar forzas.

Despois xantaremos todos e todas no patio, animádevos será como nas antigas romarías (ata haberá pulpeira).

Xa pola tarde convidámosvos a que asistades ao festival, que con tanto cariño os nenos e nenas están a preparar. No colexio poderedes visitar as distintas exposicións que temos preparadas.

Por certo, aínda estades a tempo de facer as vosas aportacións para a exposición de cestos e libos sobre árbores

ANIMÁDEVOS!!!




page | by Dr. Radut