Somos electricistas por uns días. Hoxe aínda non somos profesionais pero... quen sabe se un día estaremos arranxando algo nas vosas casas?
En C. do Medio a “profe” propúxonos unha actividade que pensamos non sería doado facela: un Circuito eléctrico. Pero, como todo, ... nada é imposible!
Mans á obra! Unha semaniña, unhas cantas ideas, un chisco de axuda dalgún familiar e nuns días... todo baixo control eléctrico!
Primeiro, por aquilo de Reutilizar,... a buscar por toda a casa: restos de cables, bombilliñas de lanternas vellas, uns clips, interrutores, e uns euros para mercar as pilas que non aparecían por ningures.
Ha! e a ver agora...que podemos alumear empregando todos estes elementos? Pois a romper a “cachola”: un campo de tenis, de futbol; un concierto, unha táboa, unha caixa de zapatos, un faro, un mapa,... que sei eu? Por fin cada un/ unha de nós arranxamos o que poidemos e... coloca por aquí e pon por acolá amañamos os nosos circuitos que , como podedes ver nas imaxes, funcionan que dá xenio velos! Pero, ollo!... luces apagadas, hai que aforrar enerxía eléctrica!
E un aviso para todos/as: os traballiños hai que velos, pero... non estragalos! Así aprendemos todos/as, uns dos outros. Temos que respectar para que tamén nos respecten a nós. GRAZAS!!!
Ata outra tarefa! Xa somos capaces de facer calquera cousa que nos propoñan os/as nosos/as mestres/as!!!