O Ministerio de Educación convoca, o Programa de inmersión lingüística de colonias de verán a desenvolver dous turnos de quince días no mes de agosto en distintos puntos da xeografía española e dirixido ao alumnado de 5º, 6º de educación primaria e 1º da ESO escolarizad@s en centros públicos, coa finalidade de promover a aprendizaxe da lingua inglesa e a convivencia durante períodos semanais con alumnado doutras comunidades autónomas fóra do seu contorno escolar. A cada colonia asistirán douscentos alumnos/as, distribuidos en dous grupos de cen para os dous turnos de asistencia mencionados. Desenrolaranse en réxime de internado e impartiranse clases de lengua inglesa; éstas complementaranse con actividades lúdicas, deportivas, etc., que se utilizarán como situacións de aprendizaxe dos aspectos orais da lingua inglesa. Correrá a cargo das familias dos/as participantes o seu traslado, tanto de ida coma para o regreso, dende o seu domicilio ata o lugar onde se desenrole a colonia. Quen dexese obter unha das axudas convocadas pola presente Resolución, deberán cumplimentar en todos os seus apartados o modelo de solicitude con los datos do alumn@ solicitante, que figura na páxina Web: www.educacion.es ou a través dos seguintes enlaces:
http://www.educacion.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones...
|
|