2º Ciclo
Un día de folclore con IAR
Nestes comezos de curso tivemos a oportunidade de contar coa presencia dun grupo de músicos e cantareiras da Asociación de Veciños do barrio, IAR que viñeron a realizar unha actividade didáctica na que presentaron os instrumentos básicos da nosa música, así como outras curiosidades moi interesantes.
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 4º
Visitamos a fortaleza de San Paio de Narla, en Friol (Lugo), comimos nel área fluvial de Friol e despois paseamos un pouquiño pola muralla de Lugo. Aquí tedes unha pequena mostra de todo o que vivimos e fixemos.
Recitando a Celso Emilio Ferreiro
O alumnado de 4ºEP realizou unha lectura pública do coñecido poema Deitado frente ao mar, participando nesta actividade proposta para toda Galicia o 12/12/12.
Material escolar de 4º EP 2012- 13
1 Lapis
1 Goma
1 Afilalapis
1 Bolígrafo vermello
1 Caixa de 12 ceras “Plastidecor”
1 Caixa de 12 rotuladores
1 Pegamento de barra
1 Tesoiras
1 Regra de 30 cm , compás
2 Libretas de dobre pauta estreita – tamaño folio-
3 .Libretas cuadricula mediana -tamaño folio-
1 Libreta raiada -tamaño folio- para Relixión
1 Arquivador de 2 aneis con 10 fundas plásticas
1 Carpeta de cartón tamaño folio para Música (a non ser que este ano xa veña cos libros)
Axenda Escolar
Estoxo
Mochila
NOTA: Serve todo o material do curso anterior, incluidas as libretas
VISITA DE INACIO
O día 20 de marzo visitounos Inacio, autor da “Fabula Galénica”, da editorial Baia.
Inacio representounos algúns contos e cantounos, coa súa miniguitarra (porque a lavara na lavadora con auga quente e encollera) a canción de “Borriquito como tú” cunha vogal diferente de cada vez. Tamén ensinounos unha retaíla recitada con xestos.
Foi moi divertido, rimos moito.
Para rematar asinounos os libros e concedeunos unha entrevista (está na páxina principal, ou en 3ºB).
Inacio, foi moi simpático con nós.
RECIBIMOS A VISITA DE ANA ALONSO
Ana Alonso naceu no ano 1 970 en Tarrasa, Barcelona. Escribe contos e poesías que lle gustan á xente un montón. Ademáis gañou o premio Hiperión de poesía e o premio Barco de Vapor de Literatura Infantil.
É autora dos libros da colección "La pizca de sal", da editorial Anaya, que limos en 3º e 4º.
Ana, contounos que escribe dende pequena pero, como tiña vergoña, gardaba todo o que escribía nun caixón. Animounos a utilizar a nosa imaxinación na escritura.
Despois asinounos os libros.
E antes de rematar dímoslle un agasallo.
Se queres ver unha entrevista a Ana Alonso, feita polo alumnado de 3º, visitade a páxina de "Atrapasoños".
Visita á Casa do Queixo
O pasado día 30 os alumnos de 4º fomos A Casa do Queixo(Sobrado dos Monxes). Aínda que nos choveu o pasamos moi ben. Fixemos moitos talleres: como facer queixo fresco, traballar a lá de ovella, facer cousas recicladas, darlle de comer as cabras e tamén nos ensinaron características sobre moitos animais. Uxía Díaz 4ºB
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »