RECIBIMOS A VISITA DE ANA ALONSO
Ana Alonso naceu no ano 1 970 en Tarrasa, Barcelona. Escribe contos e poesías que lle gustan á xente un montón. Ademáis gañou o premio Hiperión de poesía e o premio Barco de Vapor de Literatura Infantil.
É autora dos libros da colección "La pizca de sal", da editorial Anaya, que limos en 3º e 4º.
Ana, contounos que escribe dende pequena pero, como tiña vergoña, gardaba todo o que escribía nun caixón. Animounos a utilizar a nosa imaxinación na escritura.
Despois asinounos os libros.
E antes de rematar dímoslle un agasallo.
Se queres ver unha entrevista a Ana Alonso, feita polo alumnado de 3º, visitade a páxina de "Atrapasoños".