2º Ciclo

Papeleiras deseños JFL, chegan aos parques da cidade

Seguro que lembrades o curso pasado a noticia de que o alumnado de 3ºEP levou a cabo unha interesante iniciativa para decorar as papeleiras da cidade. Aquela iniciativa foi premiada polo Concello como lembraredes, e a propia alcaldesa visitou o colexio para felicitar aos nenos e nenas, e prometeu coller os deseños para decorar as papeleiras da cidade. Pois finalmente, uns meses despois, o Concello instalou esta semana no colexio as primeiras papeleras decoradas. A continuación e nas vindeiras semanas, e como recolle a noticia do diario dixital Quincemil, instalaranse nos diferentes parques infantiles da cidade para promover o seu uso entre a cidadanía contribuindo a unha cidade máis limpa. Parabéns, de novo, para o alumnado agora en cuarto, e para as súas titoras tamén.

Audio da entrevista ao alumnado en Radio Voz (a partir de 16' 40")

3º E 4º DE SAÍDA!!

Mañá, xoves 28 de outubro, o alumnado de 3º e 4º irá ao Fórum Metropolitano á representación dunha obra titulada "Soy una nuez",  da compañía Zum- Zum Teatre.

Seguro que será un éxito!

Recoñecemento e premio para 3ºEP

O alumnado de 3ºEP traballa duro este curso en prol da conciencia medio ambiental. Algunhas das propostas, neste caso a decoración dos contenedores e papeleiras, chega a modo de carta, ao departamento de Medio Ambiente do Concello, que gratamente sorprendido polo gran traballo presentado o comunica a Alcaldesa, ela se poñe en contacto co colexio e decide achegarse ata o centro para felicitar ao alumnado e as titoras polo traballo feito e comunícalles que os deseños e propostas estarán a partir de xuño por todos os parques da cidade. Parabéns!!

https://twitter.com/ConcelloCoruna/status/1397538637676531715?s=20

 

INFORMACIÓN SOBRE EDIXGAL

Estimadas familias de 4ºEP

No mes de setembro os tres futuros quintos pasarán a integrarse no Proxecto Edixgal. Levamos catro cursos traballando dentro deste proxecto cun alto grao de satisfacción. Algúns o coñecedes por ter fillos-as que pasaron por esta iniciativa. A maioría teredes dúbidas e preguntas que habitualmente as resolvíamos nunha reunión presencial no mes de xuño, que como comprendedes, esta vez non poderá ser posible. Intentaremos realizala no mes de setembro, pero mentres deixámosvos información a través dun folleto e un vídeo. Ata setembro non recibiran o portátil nin o acceso á plataforma, e tampouco tedes que facer ningunha xestión para participar no proxecto. Se precisades dalgunha aclaración, non dubidedes en poñeros en contacto co colexio a través do correo ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.gal.

FOLLETO PARA FAMILIAS VIDEO EXPLICATIVO

MÁIS INFORMACIÓN.

O PAPAGAIO

Xornal para xente miúda. Pincha na imaxe para ler.

 

MARÍA REIMÓNDEZ NO COLE

Un día despois do Día Internacional do Libro Infantil tivemos a grande fortuna de compartir un tempo con María Reimóndez, unha escritora comprometida co mundo no que vivimos. Compartiu con nós, alumnado de 3º e 4º de Primaria un tempo no que falamos sobre o seu libro "O xeito das froitas". Un libro no que unha rapaza, Iris, a través das froitas vainos facendo percorrer e entender moitas cousas da vida. Un libro que mestura alegría, humor, ironía, tristura, realidade e moita imaxinación a un tempo. Un libro que nos animou a "dar vida a algunhas froitas, tamén".

Gustounos moito o libro e gustounos moito a visita de María.

Grazas!

MADAMAS E GALÁNS

 

Este ano dedicamos o Entroido a: “Madamas e Galáns”

 

As Madamas e os Galáns, foron frecuentes nos entroidos galegos; hoxe só se conservan nas parroquias de Santo Hadrián e Santa Cristina de Cobres, no Concello pontevedrés de Vilaboa.

A festa consiste nun baile que vai de casa en casa dos veciños recollendo doazóns para pagar os gastos da comparsa.

A danza é presidida polo “mordomo”, que dirixe o grupo, seguido polas parellas de madamas e galáns, que forman as parellas de “bonitos”, “as aldeas” e “as de branco”.

A comparsa empeza a facer o percorrido, casa por casa, o domingo de entroido, recollendo os donativos dos veciños. As parellas danzan pasodobres e muiñeiras ao son dos gaiteiros. Esta danza repítese os tres días de Entroido. O martes é o día grande e faise tamén “unha corrida do galo”. Para rematar lese o testamento do Entroido, onde se fai público o bo e o malo do acontecido no lugar ao longo do ano.

 

OS TRAXES

 

As madamas ían vestidas con varias enaguas, unha saia con moitos adornos, encaixes e volantes, unha blusa branca con encaixes e bordados e un chal. Sobre as roupas levan moitas xoias.

Os galáns vestían de pantalón e camisa branca e un chaleco negro con pequenos petos dos que penduraba a cadea dun reloxo antigo. Tamén levaban unha faixa azul ou vermella (hai quen cambia a faixa por mantóns de Manila) e un sombreiro de palla cunha cinta negra, da que penduraban outras cintas de cores.

Powered by Drupal - Design by artinet