2º Ciclo
RECLAMACION
Sr Alcalde:
Somos os nenos e nenas de 4º de Primaria, do CEIP “Juan Fernández Latorre”. Fai uns días fomos ao castro de Elviña e vimos algunhas cousas que se poderían mellorar.
1º A herba está tan alta que non se ven os camiños, ademais pode destruír o Castro e é unha magoa, porque é moi bonito e ensínamos moitas cousas do noso pasado.
2º Non hai papeleiras e se tes algunha cousa que tirar e non hai papeleiras, pois… é un pouco incómodo. Un compañeiro noso estivo toda a visita cun pano de papel na man.
Polo que lle pedimos que corten a herba e poñan unhas papeleiras.
Atentamente o alumnado de 4º de Educación Primaria
A Coruña, 12 de xuño do 2017
Avaliación individualizada de 3ºEP
Convocouse para os días 30 e 31 de maio esta proba diagnóstica que afectará a todo o alumnado de terceiro de primaria. As competencias claves a avaliar serán a lingüística e a matemática. Son probas que non precisan de ningún tipo de preparación específica e que o resultado non ten repercusión nas notas do alumnado. O obxectivo é meramente diagnóstico.
Para o alumnado de 6ºEP non haberá probas este curso, xa que o noso colexio non foi seleccionado.
COCIÑEIROS POR UN DÍA
O pasado venres, 20, o alumnado de 3º participou nunha actividade organizada por "COCINA CLAN", na que despois de escoitar unha breve charla sobre hábitos alimenticios saudables, elaborou unha fermosa e saborosa ensalada.
Despois divididos en grupos tiveron que preparar un prato imitando un que se lles deu como modelo (e fixérono de marabilla).
Ao rematar, cada grupo degustou o seu prato, que, vendo como quedaron as bandexas, debía de estar riquísimo.
Intercambio lingüístico e cultural.
O pasado 19 de maio os nenos e nenas de 4º de primaria do colexio realizamos a excursión de fin de ciclo, aproveitamos para facer un roteiro pola costa da morte na compaña do alumnado de 4º de primaria do CEIP Labarta Pose de Baio.
Foi un xornado moi divertida na que fixemos un intercambio lingüístico e cultural, todos aportamos algo e recibimos algo.
A experiencia foi moi positiva, aqui tendes un pequeno video co transcurrir da xornada.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »