COCIÑEIROS POR UN DÍA

O pasado venres, 20, o alumnado de 3º participou nunha actividade organizada por "COCINA CLAN", na que despois de escoitar unha breve charla sobre hábitos alimenticios saudables, elaborou unha fermosa e saborosa ensalada. 

Despois divididos en grupos  tiveron que preparar un prato imitando un que se lles deu como modelo (e fixérono de marabilla).

Ao rematar, cada grupo degustou o seu prato, que, vendo como quedaron as bandexas, debía de estar riquísimo. 

Powered by Drupal - Design by artinet