Deseñar cursos Platega, directrices
Deseñar cursos Platega, directrices
Deseñar e crear un curso virtual é unha tarefa complexa que esixe tomar decisións, adoptar enfoques metodolóxicos, seleccionar e secuenciar accións, programar tarefas, documentarse, localizar recursos educativos, fixar criterios de avaliación e cualificación.
- Como comezar a crear un curso? Cal é o proceso seguir?
- Que modelo instrucional é o máis axeitado?
- Que Teoría da aprendizaxe asumir?
- Cal será a función da titoría? Transmitir coñecementos? Xestionar a aprendizaxe?
- A función do alumnado será recibir pasivamente os contidos ou procurar información, procesala, analizala, sintetizala e compartila? Desenvolver competencias e adquirir desempeños? Que produtos ou traballos debe crear o alumnado?
- Que tipo de tarefas programar? Como organizalas?
- Como avaliar o proceso de aprendizaxe?
- Como medir as aprendizaxes realizadas?
- Como avaliar o propio curso?
Algunhas destas cuestións xa están xa pautadas nas directrices para crear cursos Platega. Outras, cómpre documentarse e decidir sobre elas.
Neste documento poderás coñecer as directivas establecidas polo CAFI para a creación de cursos virtuais.
Departamento de educación dixital
Vostede é libre para:
- Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
- Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material
...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:
- Atribución— Debe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso.
- Non comercial — Non pode utilizar este material para propósitos comerciais.
- Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0