Saltar navegación

3.4. Presentación e estética

A presentación e estrutura dun curso é tamén esencial para motivar e estimular ao profesorado participante.

Algúns consellos básicos a nivel xeral:

  • Máis información non significa máis aprendizaxe nin máis comprensión dos contidos. Tan perxudicial é o uso excesivo de texto plano como a saturación de elementos na páxina.
  • A incorporación de demasiados elementos en cada parte dos materiais supón unha presentación máis lenta da información, podendo provocar o desinterese do alumnado.
  • Opta polo deseño que mellor facilite as aprendizaxes obxecto do curso.
  • Débese coidar a coherencia de estilos (cores, fontes, formatos...) entre os diferentes módulos e elementos do curso.
  • Os materiais de elaboración propia e o propio curso virtual deberán estar en galego.

Un curso Platega debe ser "amigable", é dicir, presentar os seus contidos, actividades, tarefas e foros de xeito que mesmo unha persoa non habituada a moverse por contornas virtuais de aprendizaxe se sinta cómoda. Para isto, os cursos Platega incluirán os elementos orientativos suficientes para evitar en todo momento que o/a participante se perda, tales como:

Algúns aspectos da configuración do curso (faltan capturas)

Os cursos Platega terán unha configuración común, a sinalada nesta captura de pantalla:

Para aproveitar mellor o espazo dispoñible na pantalla amosaranse os bloques na columna da esquerda e do xeito que amosa a seguinte captura de pantalla, coa finalidade de facilitar o uso da aula virtual aos participantes habituais en cursos Platega.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)