Saltar navegación

2. Deseño dun curso Platega

Para o deseño correcto dun curso virtual -ou de calquera obxecto de aprendizaxe, itinerario curricular, ou secuencia didáctica- é preciso tomar un conxunto de decisións de diferente tipo, respectando unha secuencia lóxica e progresando de abaixo cara arriba, é dicir, sen comezar a casa polo tellado.

As decisións tomadas condicionarán todo o proceso de planificación, creación e xestión do curso. Canto máis claras teñamos as ideas referentes a estas decisións menos paus de cego daremos, menos veces teremos que rectificar traballos xa feitos e maior será a coherencia pedagóxica do curso virtual.

Imaxe do proceso de debuxo dun rostro humano.
Imaxe do proceso de debuxo dun rostro humano. Agustín Carracedo CC BY-SA  Imaxe xerada a partir de How to Draw the Female Face,
vídeo de Juan Solorzano en Youtube Licenza Youtube estándar 

O deseño e creación dun curso virtual é un proceso reiterativo, de darlle voltas engadíndolle cousas novas, eliminando outras, reordenando etc.

Comeza trazando as liñas xerais do proxecto arredor das cales se vai materializando o produto final. Estas liñas iniciais xerais -similares aos trazos das primeiras figuras do debuxo- condicionan a elaboración e vanse diluíndo, esvaendo a medida que o produto madura, pero seguen estando aí aínda que non se vexan.

Webgrafía

A. Sangrá (coordinador), L. Guàrdia, X. Mas e C. Girona,Os materiais de aprendizaxe en contextos educativos virtuais. Pautas para o deseño tecnopedagóxico.” [En liña]. Dispoñible: http://vicprof.uvigo.es/opencms/export/sites/vicprof/vicprof_gl/documentos/cursos2015/Sangra.pdf. [Consulta: 20-maio-2017].

  • Apartados recomendados
    • 1.4. Indicadores de calidad en un curso en línea.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)