3.2.5 Guía do curso
Unha vez finalizado o deseño do curso na Rede, debes plasmar na “Guía do curso” os obxectivos, as competencias profesionais docentes e contidos do curso, o que se pretende acadar con el, a estrutura do curso, a metodoloxía que se vai seguir, o calendario, o tipo de tarefas, a avaliación…
É especialmente importante o apartado de avaliación, onde debe expresarse claramente o peso ou porcentaxe que terá cada tarefa no seu tema e o peso de cada tema ou bloque na cualificación final. Estas dúas porcentaxes son imprescindibles para configurar o Cualificador e Libro de cualificacións do curso.
Tamén é importante que na propia guía se clarifiquen os criterios de avaliación, é dicir, as condicións que se deben dar para que un/ha participante supere o curso e poida certificar: deberá acadar o 80 % da puntuación total do curso.
No Espazo de apoio á CREACIÓN de cursos > Info e recursos ... atoparás o arquivo editable: Modelo para crear a Guía do curso arquivo en odt (Libre office) para elaborar a guía do curso. Unha vez creada debes exportala a formato PDF e subila no Módulo 0 e o arquivo editable da guía debes subilo ao cartafol Arquivos fonte da Zona de mantemento e coordinación.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0