Saltar navegación

2.4 Exemplo de deseño e creación dun curso competencial

Nesta táboa atoparás estruturado o deseño do curso coas cuestións para guiar o deseño de cada compoñente do curso. Preme na imaxe para visualizala ampliada nunha xanela emerxente:

Nos Espazos de apoio > Zona 1 Crear > Info e recursos para deseñar, crear ou remodelar cursos Platega atoparás a ligazón para descargar arquivos editables para ESBOZAR e para DESEÑAR cursos Platega en formatos .odt e .docx: vai enchendo os diferentes apartados da táboa guiado polas cuestións a medida que vaias tendo claro o deseño do teu curso.

Na fase inicial de deseño do curso é imprescindible pensar e ir recollendo ideas para crear o curso. Este deseño inicial evolucionará e adaptarase a medida que se desenvolva. Canto máis clara teñamos a idea final menos pasos adiante e atrás teremos que dar. Non facer ben as cousas á primeira supón traballar o triplo: facer, desfacer e volver a facer. Paga a pena dedicar un tempo prudencial a elaborar un deseño deste tipo pensando as cousas antes de facelas. Este deseño ven sendo os planos do edificio que queremos construír. Para facilitarche a comprensión de todo isto amosámoste, a título de exemplo, o curso Crear cursos Platega:

  1. O seu esbozo
  2. O seu deseño
  3. E o curso xa creado

Debes identificarte co teu usuario institucional e coa chave para convidados: platega  https://www.edu.xunta.gal/platega/course/view.php?id=109

Fíxate  na cabeceira coas subcompetencias brevemente comentadas, os módulos 0 e 1 amósanse completos e podes navegar por eles, dos outros módulos unicamente amósanse as súas cabeceiras e as follas de ruta, suficientes para facerse unha idea dos contidos do curso.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)