Skip to Content

Bloques

Publicación de RSS nun bloque

Para publicar as noticias ofrecidas por algunha fonte de RSS externa nun bloque da nosa páxina deberemos de facer o seguinte:

  • Como administradores da páxina ir á Administrar > Administración do contido > Agregador de novas.
  • Engadiremos unha nova Categoría desde a pestana Engadir categoría.
  • A continuación debemos de engadir unha Orixe desde a pestana Engadir orixe (previamente deberemos de ter copiada a URL da orixe que queremos crear).
    • Engadimos o Título (personalizado).
    • Engadimor a URL.
    • Intervalo de actualización: A pesares de que podemos configurar o intervalo nesta sección, non funcionará ata que lancemos o cron (cron.php) da nosa páxina.
    • Seleccionamos ás Categorías á cal pertence a nova orixe.
  • Regresamos sobre a pestana Lista e prememos sobre a opción de actualizar elementos para que se carguen por primeira vez as novas da orixe RSS incorporada.

A continuación veremos como engadir esta orixe a un bloque na nosa web.

  • Iremos á sección de Administrar > Construcción da páxina > Bloques.
  • Dentro dos bloques desactivados poderemos atopar a orixe RSS incorporada anteirormente: últimos elementos da orixe...
  •  Deberemos de seleccionar a rexión da páxina onde desexamos que aparezan: barra lateral dereita, barra lateral esquerda,...
Con isto xa poderemos ver as novas RSS na nosa web.

Imaxes nos bloques

No bloque Ligazóns deste portal, empregamos imaxes con ligazóns para lanzar determindas paxinas.

Unha maneira sinxela de incluir imaxes nun bloque pode ser a seguinte, utilizando un código moi simple:

1-Primeiro deberiamos subir unha imaxe, cun tamaño adecuado, para incluir no bloque.

Para subir a imaxe, podemos facelo de distintas maneiras, pero posiblemente a máis sinxela sexa, crear un contido páxina e incluir unha imaxe no corpo premendo na icona da árbore.

Cando prememos na icona da árbore podemos atopar xa a imaxe subida ou terémola que subir. Unha vez arriba, se prememos co botón dereito sobre ela, veremos a súa URL. Copiámola.

2-Na ruta Administrar>Contrucción da páxina>Bloques engadimos un bloque, poñemoslle nome e configurámolo.

No corpo incluímos un codigo no que indicamos a dirección da imaxe e a dirección da ligazón.

Na imaxe, marcado en azul podemos ver a URL da imaxe, que termos que sustituir pola que corresponda. Antes, entre comiñas vemos a URL da ligazón, que tamén deberiamos modificar.

CÓDIGO
<a href="http://moodle.org/course/view.php?id=11" target="_blank"> <img border="0" src="/formaciondrupal/files/moodle.gif" width="91" height="26"></a>

En bermelo a URL da ligazón, en blanco a URL da imaxe.

Coidadiño cos tamaños xa que podemos desfigurar a imaxe. 

Engadir un contador de visitas en Drupal

Se queremos incluir un contador de visitas , chega con incluir nun bloque ou menú o código

<img src="/cgi-bin/Count.cgi?df=xxxxxxxx.dat">

onde xxxxxxxx é o nome de usuario co que se accede á aplicación net2ftp.

Na ruta Administrar > Construción da páxina > Bloques engado un bloque ao que podo chamar Contador de visitas.

Configuro o bloque e no "Corpo do bloque" engado o código indicado anteriormente.

Finalmente publico o Bloque na cabeceira, pé, lateral dereito ou lateral esquerdo.

Podedes atopar máis información en: http://centros.edu.xunta.es/portal/aloxamentoweb/index.html

Acochar bloques 1

Pode que desexemos acochar bloques cando entramos nun determinado menú, tipo de contido ou documento. Unha maneira moi sinxela de acochalos é ir á ruta Administrar » Construcción da páxina  » Bloques e alí engadir o nome das rutas nas que quero que un determinado bloque se acoche ou se mostre.
Observemos a imaxe:

taxonomy_menu/8/41 é a ruta dun determinado menú.
node/173 é a ruta dun documento ou páxina.
<front> é a páxina principal.

Neste caso, o menú ao que lle estou dando esas propiedades, cando selecciones ditas páxinas non se verá. Desaparecerá da pantalla.

Menús basados en categorías

Propoñemos crear menús basándonos nas taxonomías. Facémolo así porque Drupal dispón de uns módulos que nos van a permitir crear eses menús e controlar o acceso a eles tanto para publicar como para ver ou editar os seus contidos.

O proceso é un tanto laborioso pero sinxelo unha vez entendido.

1 - Creamos categorías:

Administrar » Administración do contido » Categorías: Engadímos vocabulario e indicamos:

tipos de contido que van a poder publicarse dentro dese vocabulario (normalmente todos menos foros)

Xerarquía simple: vainos a permitir facer menús dentro de menú

Etiquetado libre: se o marcase non serían necesario termos nese vocabulario. Cando crease o contido poría o nome do termo ou menú.

Selección múltiple: se o marcamos permitenos que un mesmo contido figure en varios apartados dese menú. Normalmente non se marca.

Requerido: implicaría que sería un lugar obligatorio de publicación de calquera contido. Non se debería marcar normalmente

2 - Ao vocabulario engadido creámoslle termos. Os termos son os distintos apartados do menú. Damoslle un nome e un peso para que conserven unha orde. Os termos de menos peso estarán máis arriba.

3 - Unha vez creada a categoría, co seu vocabulario e os seus termos, teremos que realizar unha acción que nos vai a permitir empregar ou converter esta categoría nun menú.

Accedemos á opción Administrar » Configuración da páxina » Taxonomías - Menús. Añí veremos que todas as categorías creadas previamente teñen seleccionada a opción Normal, mentres que a da categoría recén creada ten seleccionada por defecto a opción Non. Debemos, pois, marcar a opción Normal para que esta Taxonomía se converta nun Menú.

4 - Na ruta Administrar » Construcción da páxina » Menús » Engadir menús engadimos menú.

Fixarse que dito menú aparece ao final da páxina de menús

5 - Nesa mesma páxina de menús, buscamos dentro do menú de Navegación a categoría creada cos seus termos.

Ahí mesmo, prememos en editar ese vocabulario, ábrirase unha ventá na que temos que ir ao desplegable elemento pai (Navegación) e asignámoslle o nome do menú que fixemos.

Se fixemos ben as cousas veremos que o vocabulario e os termos agora están dentro do menú creado.

Menú

  • Vocabulario (Categoría)

Termo1
Termo2
Termo3

Normalmente desactivamos o vocabulario dentro do menú para que se vexan so os termos salvo no caso de que ditos termos non estén expandidos. Se están expandidos non soe ter sentido que esté activo o vocabulario.

Se desactivamos a categoría os termos expándense automaticamente.

5 - Bloques.

Se fixemos todo correctamente vamos á ruta Administrar » Construcción da páxina » Bloques e apareceranos un bloque co mesmo nome que o menú creado, coa categoría dentro se non está desactivada e os termos correspondente.

Agora so nos queda marcar dito bloque endicar onde o queremos: arriba, abaixo, dreira ou esquerda.

Resumindo:

Creamos unha Categoría cos seus termos. Marcanos na opción de Taxonomías-Menús a opción Normal para que a cetegoría actúe como Menú. Logo creamos un menú no que facemos que navegue a categoría (Metemos a categoría cos termos dentro do menú). Con elo xa temos un bloque, que teremos que activar para que se vexa.

Distribuir contido


by Dr. Radut