Para publicar as noticias ofrecidas por algunha fonte de RSS externa nun bloque da nosa páxina deberemos de facer o seguinte:
- Como administradores da páxina ir á Administrar > Administración do contido > Agregador de novas.
- Engadiremos unha nova Categoría desde a pestana Engadir categoría.
- A continuación debemos de engadir unha Orixe desde a pestana Engadir orixe (previamente deberemos de ter copiada a URL da orixe que queremos crear).
- Engadimos o Título (personalizado).
- Engadimor a URL.
- Intervalo de actualización: A pesares de que podemos configurar o intervalo nesta sección, non funcionará ata que lancemos o cron (cron.php) da nosa páxina.
- Seleccionamos ás Categorías á cal pertence a nova orixe.
- Regresamos sobre a pestana Lista e prememos sobre a opción de actualizar elementos para que se carguen por primeira vez as novas da orixe RSS incorporada.
A continuación veremos como engadir esta orixe a un bloque na nosa web.
- Iremos á sección de Administrar > Construcción da páxina > Bloques.
- Dentro dos bloques desactivados poderemos atopar a orixe RSS incorporada anteirormente: últimos elementos da orixe...
- Deberemos de seleccionar a rexión da páxina onde desexamos que aparezan: barra lateral dereita, barra lateral esquerda,...